Ecocelta responde: llámanos o escríbenos y te asesoraremos tlf 986 645 487 info@ecocelta.com

Ecocelta, naturaleza en equilibrio

ADEGA visita ECOCELTA

ADEGA visita ECOCELTA

O pasado día 22 de xaneiro visitaron a planta de Ecocelta un grupo de 20 persoas do curso de formación ambiental: “Experiencias con compost” organizado por ADEGA. Acompañados polo xerente S. Quiroga e por J. Eiroa, os visitantes puideron ver en directo as materias primas, os procesos de compostaxe e vermicompostaxe e o resultado final da reciclaxe e fabricación de fertilizante orgánico natural.

Cabe destacan que non se tratou dunha visita común, xa que os nosos visitantes tiñan moito interés en coñecer os detalles da compostaxe en xeral e a configuración tecnolóxica elixida por Ecocelta. Houbo preguntas sobre as fases, tempos e maquinaria, tamén as necesidades e desvantaxes. A visita a zona de vermicompostaxe suscitou grande interés por coñecer os secretos da lombricultura.

Os visitantes do curso de ADEGA percatáronse de que cada resto orgánico que recibe Ecocelta, recíclase de xeito sostible e forma parte dun saco de diferentes versións abonos orgánicos naturais, como compost, humus de miñoca, sustratos ou humus líquido. De este xeito os restos non son desaproveitados nin depositados en vertedeiros, nin incinerados, favorecendo o aporte de materia orgánica e nutrintes naturais ós cultivos e terra de Galicia e evitando o deterioro do entorno natural e tamén a saúde dos galegos.

A compostaxe

As miñocas

Fotografías de Ramsés (Adega)

É vital para a actividade de Ecocelta o recoñecemento por parte de asociacións como ADEGA, que promoven a agricultura ecolóxica e coidado do medio ambiente. Xa que Ecocelta non é unha xestora de residuos, senón unha empresa de producción de abonos orgánicos, onde a premisa principal e obtención de abonos de calidade, libres de contaminantes e con propiedades fertilizantes óptimas.  Así, agardamos que todos os visitantes que recibiremos neste ano 2010 o entendan así. Esa é a nosa misión desde o departamento de Educación Ambiental e I+D+i.

Nota de prensa

CURSO DE FORMACIÓN AMBIENTAL: EXPERIENCIAS CO COMPOST

http://www.adega.info/index.php?option=com_extcalendar&Itemid=86&extmode=view&extid=887

Contido:O curso de formación ambiental de xaneiro que organiza mensualmente ADEGA está dedicado á visita de dúas instalacións de tratamento de residuos orgánicos (forestais, gandeiros..) para a produción de compost de calidade. A visita permitiranos coñecer experiencias de xestión de residuos orgánicos que xeran excelentes abonos. – Ecocelta é unha empresa que dende o ano 2003 se dedica a fabricación de abonos orgánicos e sustratos para xardinería a través da vermicultura. Entre os seus servizos están, a xestión, a educación ambiental ou a aplicación de abonos e o asesoramento. – Abonos Lourido é unha empresa familiar que xestiona residuos gandeiros e restos vexetais de desbroces de montes para facer compost nunha pequena planta que logo comercializan. Estas dúas iniciativas son exemplos dun sistema de tratamento de residuos orgánicos baseado na vermicompostaxe e compostaxe respectivamente. Este tratamento é o máis ecoloxico a nivel ambiental ademais de ser unha fonte de emprego.

No hay comentarios »

No hay comentarios todavía.

Suscripción RSS a los comentarios de esta entrada. TrackBack URL

Deja un comentario